O recentemente nomeado Premio Planeta, Santiago Posteguillo, vén de confirmar súa asistencia as II Xornadas de Novela Histórica da Biblioteca do Concello de Verín que se celebrarán o 29 e 30 de marzo do vindeiro ano.
O autor valenciano estará presente nunha mesa redonda que levará por título “Novelas históricas sobre la Hispania romana”. Na mesma estará acompañado por Margarita Torres, escritora e profesora titular de Historia Medieval da Universidade de León, e polo autor galego Francisco Narla. Santiago Posteguillo tamén presentará a súa obra premiada pola editorial Planeta Yo, Julia. Coma o ano pasado o terminar a mesa redonda, os poñentes atenderán ao público e aos medios de comunicación presentes.
Tras o rotundo éxito das primeira edición da iniciativa, con máis de 650 asistentes, os organizadores do evento confirmaron que se manterá o formato inicial das Xornadas de Novela Histórica, contando de novo coa presenza do novel escritor Alejandro Corral, (El cielo de Nueva York. G. Planeta 2015) que dará continuidade ao apartado formativo da iniciativa, programado na primeira anterior con gran aceptación do público. Nesta ocasión, A. Corral disertará sobre como converterse en escritor e chegar a publicar unha novela.
Os afamados escritores e profesores José Calvo Poyato e José Luís Corral tamén regresan as Xornadas verinesas; desta volta coa conferencia. Calvo Poyato, ademais da súa participación en varias mesas redondas presentará a conferencia “El último tesoro visigodo: un hallazgo extraordinario”; por outra banda, J.L. Corral. presentará o seu último traballo sobre “os Austrias”, que completa a súa triloxía escritores.
O ciclo de conferencias en torno á Novela Histórica de Verín está organizado pola Biblioteca Pública Municipal, a concellería de Cultura do Concello de Verín, a Sociedade Antropolóxica Galega e a Asociación Escritores con la Historia.