A Quinta edición do Rallymix de Barbadás será en memoria de Gonzalo Belay -fotógrafo de ralis- e terá lugar no Concello de Barbadás os días 3 e 4 de novembro.O trazado desta proba discorrerá por vías muncipais de zonas de Cimadevila, O Val, A Fraga, O Furón, A Capela e A Moura. O percorrido ten unha lonxitude de 6,100 quilómetros, na súa maior parte itinerarios en terra. Os camiños e as pistas forestais forman parte do percorrido, salvo os primeiros 100 metros da saída e os últimos 300 metros da meta.
Os vehículos admitidos no rallymix son os de montaña, de autocross, os quad biplazas ou os carcross. Escudería Barbadás, organizadores do evento, ten previsto aumentar ata 60 o número de inscricións.