O subdelegado do Goberno en Ourense presidiu a Comisión de Coordinación Provincial para a Seguridade Viaria en situación metereolóxicas extremas.

Ourense prepárase para situacións metereolóxicas extremas

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, convocou unha comisión para levar a cabo una coordinación entre as distintas administracións e órganos competentes do Estado ante as posibles incidencias metereolóxicas da nova tempada na provincia.

O obxecto deste protocolo foi o de establecer a organización e os procedementos de actuación dos servizos, medios e recursos da Administración Xeneral do Estado dispoñibles no ámbito da provincia de Ourense, e que, ante a predicción de precipitacións en forma de neve, xeo, granizo, néboas, ventos fortes, chuvias intensas u outras situacións extremas, nas que resulten necesarias actuacións para asegurar a viabilidade de circulación na rede de Estradas do Estado na provincia de Ourense.

Á reunión asistiron á Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz, o Xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestructuras, Marcos Buide, o Deputado provincial Pablo Pérez, o Inspector Xefe de Seguridade Cidadá Manuel Alberto Aragón, o Comandante Xefe de Operacións da G.C José Fermín Díaz, Xefe Provincial de Tráfico David Llorente, Tenente Xefe Acctal. Do Subsector de Tráfico Norberto Aser González, Unidade de Estradas do Estado Jaime Suárez, Representante Sociedade Pública Investimentos de Galicia Enrique Couselo, Representante da FEGAMP Luis Milia, e Secretario Xeral da Subdelegación Manuel Arias.

Na comisión se estableceu una boa coordinación entre os órganos da Administración Xeral do Estado, así coma os homólogos na comunidade autónoma de Galicia na Xunta, e nas administracións locais a través da Deputación.

As distintas administracións fixeron referencia ós medios necesarios dos cales dispoñen para a prevención e actuación en situacións metereolóxicas adversas na nosa provincia.

A provincia de Ourense divídese en 5 zonas metereolóxicas: Zona Nordeste, Zona Miño, Zona Sur, Zona de Montaña, Zona de Valdeorras.

Se estudiaron os distintos procedementos operativos coas súas fases e as medidas a adoptar en cada una delas: alerta, preemerxencia, e emerxencia.

Por parte da administración do Estado se fai un incremento de medios para esta tempada, en concreto son un camión para a A-6, un camión para a A-52, e un silo de 100 Tm para a A-52 en Melón. Con isto, a provincia de Ourense é a segunda con máis recursos estatais de Galicia, despois de Lugo. O número de medios que hai na provincia de Ourense para esta temapada é o seguinte:

21 Quitaneves
16 Camións quitaneves convencionais
5 Camións esparcid. Salmuera
5.394 Sal(almacenes+silos)TM
110.000 Depósitos Salmuera litros

Autopista:
AP-9: 7 quitaneves+ 7 camións esparc. Salmuera= 1.375 Sal (almacenes+silos)Tm / 200.000 litros Salmuera Depósitos
AP-53: 2 quitaneves+2 camións quitaneves convencionais= 350 Sal (almacenes+silos)Tm / 33.000 litros Salmuera Depósitos.