Allariz acolle esta fin de semana, 10 e 11 de novembro, a 23ª Feira de Outono. O evento gastronómico ten por obxectivo promocionar, potenciar e valorizar os produtos de outono.
Así, no pavillón do Instituto de Allariz corenta e tres produtores galegos venderán mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros.
Actividades
Unha exposición micolóxica, no Mercado da Reserva da Biosfera, concursos e demostración de cociña en vivo, ademais de sorteos e actividades para pequenos e maiores completan o programa da fin de semana de outono.
Os restaurantes e taparías da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono durante a fin de semana e sortearán un menú para dúas persoas para aqueles que desgusten o outono nalgún dos establecementos participantes.
Máis información: www.allariz.gal/feiradeoutono