“Líderes Ocultos. Heroes da Calidade”. Este é o lema do Día Mundial da Calidade 2018 que se celebra o 8 de novembro e que, como é habitual nos últimos anos, Expourense conmemorou organizando unha Xornada de Exaltación. Esto incluíu a entrega dos Premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente.
Esta entrega de premios é o único acto celebrado en Galicia para celebrar o Día Mundial da Calidade e ten o obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade e do medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente. Deste xeito, poténciase a existencia de empresas e administracións competitivas nun escenario globalizado.
VIII Premios Líderes en Calidade
Por oitavo ano consecutivo, un xurado integrado polo Comité Executivo de Expourense, a entidade de certificación AENOR e a consultora Serviguide, elixiu ás empresas e institucións merecedoras dos premios “Líderes en Calidade” a empresas e entidades galegas. Éstas pertencen aos sectores que máis preocupan ao cidadán como son a Alimentación, a Sanidade, a Educación ou o Medioambiente-Sustentabilidade. Este ano, como novidade, inclúese a categoría de Servizos Sociais, dado o importante papel que desempeña este sector nunha sociedade inclusiva.
As entidades premiadas como “Líderes en Calidade” polo xurado no 2018 foron:
– Sector Alimentación: Casa Grande de Xanceda.
– Sector Sanitario: Hospital Universitario Lucus Augusti.
– Sector Educación: Colexio Rural Agrupado Nosa Señora do Faro de Ponteceso.
– Medioambiente: GADISA.
– Servizos sociais: Federación Galega de Institución para a Síndrome de Down – Down Galicia.