A facturación das empresas asociadas achégase aos 50 millóns de euros.

O positivismo de AJE Ourense

A Asociación de Novos Empresarios de Ourense presentou as cifras anuais do colectivo. AJE conta con 116 asociados (11 máis que o ano pasado e 80 máis que fai catro). Para o seu presidente, Lois Babarro, este dato demostra que “si hai cultura do asociacionismo na provincia”. Actualmente a asociación se autofinancia, a través das cotas dos seus asociados, sen contar con subvencións de organismos públicos.

Datos
As 116 empresas dan traballo a 500 persoas e facturaron no último ano 48,5 millóns de euros. Babarro facía fincapé en que o colectivo xerou emprego nestes últimos 12 meses.
Aínda que AJE é unha asociación multisectorial desde a mesma veñen notando un incremento no sector agroalimentario o que demostra para o seu presidente “que o rural ourensán ten futuro” sendo moi recoñecido “a nivel internacional”. O presidente de AJE Ourense destacou con este feito que nesta provincia hai futuro, e este depende “da actitude da xente que vive aquí”. En canto á exportación, esta chega a 21 países de 4 continentes.