Da Liga Sur-Este 2018.

O Vilamarín proclámase campión galego

A Federación de hípica galega organizou xunto ao Club hípico Falabella de Monforte a sexta, e última, xornada da Liga Interclubes Sur-Este de doma clásica disputada o pasado 28 de outubro. O Club Hípico Vilamarín foi o dominador absoluto (venceu en categoría 1 e 2) facéndose co título por diante de Coles e Allariz, segundo e terceiro, respectivamente. Un ano incrible para un club que logrou tanto liga como Copa Deputación.

Podios
Nesta xornada final, Tiziana Domínguez (primeira), Idoia Camiruaga (segunda) e Laura Atrio (terceira) conformaron o podio en promoción 1. Blanca Babarro foi a primeira en promoción 2, seguida de Francisco Javier Carrera e Jimena Vasalo. En promoción 3, Uxía Simón, Laura Marquina e Laura Bermúdez lograron as tres primeira posicións. Finalmente en AP Preliminar, Ángela Medina subiu ao máis alto; tras ela, Martína Fernández e Amanda Paradela.