Os hardrockeros lucenses Vrásica visitan a Cidade das Burgas por primeira vez para presentarnos a súa nova formación e as súas novas cancións, Hard Rock con aire Bunburyano. Acompañaranlles os rockeiros ourensáns Poseídos e o seu Rock “ao noso xeito” que exercerán de anfitrións.
O concerto celebrarase o sábado, 17 de novembro, no Café Cultural Auriense a partir das 21 h. As entradas teñen un prezo único de 3 euros. As entradas están á venda no Café Cultural Auriense e no Bar Chiripa.
Vrásica é unha banda lucense de Hard Rock formada no ano 2010. Xa en 2011 coa gravación do seu primeiro cd promo, alcanza boas críticas e lévalles a tocar en diferentes puntos de Galicia durante ese ano e o seguinte. Pero non é ata 2013 cando a banda alcanza o seu punto álxido, facendo concertos por toda Galicia, por Asturias e León tendo gran aceptación en todos os seus concertos, ese ano remata a xira en outubro cun excelente concerto ante miles de persoas, abrindo para Obús nas festas de San Froilán, Lugo.