A cuarta edición celébrase os días 17 e 18 de novembro.

Degustacións gastronómicas amplían a programación da Feira de Outono de Verín

A IV edición da Feira de Outono de Verín, que se celebrará os días 17 e 18 de novembro na vila do Támega, desenvolverá unha intensa actividade na praza Maior de Verín, centrada na alimentación e na gastronomía baseada nos produtos típicos de outono. Como novidade, nesta edición organizaranse varias sesións de showcooking impartidas por cociñeiros de varios restaurantes locais pertencentes a Asociación de Hosteleros de la Comarca de Monterrei (AHECOM) e por reputados bogueiros gastronómicos.

Nesta edición da feira instalaranse dúas carpas temáticas, que estarán abertas ao publico en horario de 11 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. A primeira delas estará dedicada ao sector da alimentación, con diferentes stands de produtos variados tales como mel, castañas, froitos secos, figos, marmeladas, bicas, pan, licores, compotas, queixos, bolachas e boqiños, aceitunas en conserva, fabas, garbanzos, salazóns, embutidos e carnes.

Como novidade nesta edición, a segunda carpa estará dedicada á gastronomía. Durante as dúas xornadas do evento, varios restaurantes locais e os blogueiros gatronómicos Conchi Zúñiga (cocinandosetas.com) e José Luís Oliveira (oliveiravarela.blogspot.com) ofrecerán varias sesións de showcooking nas que elaborarán as súas receitas fronte aos invitados. Ademais de gozar de pratos recentemente feitos, os participantes poderán degustar os mesmos cunha cata maridaxe de viños da D.O Monterrei.

Cada showcooking terá unha aforamento limitado para 30 persoas, polo que as persoas interesadas en participar deberán inscribirse o Concello de Verín antes do sábado 17 de novembro.

SHOWCOOKINGS
Sábado 17
12:00 h: Restaurante Regueiro da Cova
12:30 h: Blogueira Conchi Zúñiga
Blogueiro José Luis Oliveira
17:00 h: Showcooking Restaurante Lugano // Restaurante Souto Das Candeas

Domingo 18
11:00 h: Restaurante Souto das Candeas
18:00 h: Restaurante Brasil

Do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os máis pequenos poderán gozar durante as tardes do sábado e do domingo de divertidas atraccións inchables con animación musical. O prezo de entrada será de 1 euro e poderá ser adquirido nos stands da feira.

A estrela da xornada do sábado será o magosto tradicional, ás 20 horas, coa actuación da Banda de gaitas Nova Era, e as consabidas castañas, que serán gratis para os que compren produtos na feira.

O domingo 18 terá lugar o un concurso de cociña no que os participantes elaborarán un prato utilizando como ingrediente básico algún produto típico de outono. Para finalizar a xornada, ás 20:30 horas, realizarase o sorteo dunha cesta de productos variados cedida polos comerciantes dos postos participantes. Os boletos de participación poderán adquirirse nos propios stands con cada compra.

As bases do concurso de cociña son as seguintes:
– O ingrediente principal poderá ser calquera produto típico de outono.
– Poderá elaborarse un prato principal ou postre.
– O prato ou postre será entregado o domingo ás 11.00 h da mañá no recinto da feira (Praza Maior) a organización.
– Durante todo o domingo estará exposto alí.
– O domingo pola tarde realizarase a cata dos pratos elaborados.
– Valorarase a calidade, orixinalidade, innovación e presentación dos pratos.
– Haberá tres premios as mellores elaboracións que serán tres cestas dos produtos da feira
– Os premios serán entregados de 20 a 20.30 horas no recinto feiral.