Ourense enxalza o legado cultural de Mestre Vide a través de diversos actos conmemorativos co gallo do 125 aniversario do seu nacemento, accións que comezaron a desenvolverse o pasado mes de outubro e que continúan coa presentación dun traballo discográfico, dunha placa e un concerto que contribuirán a poñer en valor a obra e vida deste compositor ourensán.
Para conmemorar tal efeméride presentouse o traballo discográfico “Mestre Vide. Obra para piano e canto piano”, un traballo de piano de Noemí Salomón e da soprano Anaís Fernández. Un total de 240 minutos de música gravada máis un libreto con textos musicólogos Carlos Villanueva e Javier Jurado e do fillo do compositor, Antonio Fernández García-Vide, sobre a vida, a obra e a personalidade do compositor. Este CD contén 24 obras de piano e 21 de canto-piano”, sinalou Óscar Ibáñez.
Así mesmo, para o día 3 de decembro, terá lugar ás 18 horas a inauguración dunha placa conmemorativa na rúa Tendas 5, onde intervirá a Coral de Liceo. Posteriormente, ás 20.30 horas, celebrarase un concerto de presentación, no Auditorio Municipal de Ourense, do traballo discográfico de Noemí Salomón, coa colaboración especial da bailarina Eva Faraldo.