Un completo programa de actividades foi presentado no Concello de Ourense.

O Nadal preséntase en Ourense

O programa deste Nadal 2018 en Ourense contempla máis de 400 actividades, culturais, deportivas, de lecer e solidarias «para que ninguén quede na casa» como indicaba o alcalde da cidade, Jesús Vázquez.

Mercar no comercio local terá premio; sortearanse varios premios como entradas ao Parque Warner, estadías en balnearios, entre outros.

Programa
O amplo programa contará con xa tradicional video mapping, os días 21 e 28 de decembro e 4 de xaneiro ás 19.30 e 21 horas (salvo o día 28 que soamente haberá sesión ás 19.30, debido a que ese día haberá un espectáculo piro musical).
O xoves, 13 de novembro, inaugurarase o Belén de Baltar a partir das 18.30 horas.

A oferta musical chega da man de Emilio Rúa, Sergio Dalma, Brothers in Band -homenaxe a Dire Straits- e un tributo ao grupo Queen. Ademais, A banda da Loba, ópera con Hill Apasionaty (o día 4 con entrada de balde); María do Ceo, sen esquecerse das tres actuacións da Coral de Ruada que está de celebración dos seus 100 anos de vida. Tamén haberá ballet (O lago dos cisnes e a cincenta).

Teatro para os máis cativos que se completará coa MOTI e teatro infantil para bebés.

Acendido de luz
Este mércores pola tarde terá lugar o acendido da luz de Nadal de toda a cidade. A partir das 19 horas haberá un panxoliñas Christmas chegará un acendido que correrá a cargo das deportistas do Club Sincro de Ourense será as que pulsen o botón. Despois música para amenizar a velada.

A conciliación será outra das premisas do concello. Para tal fin estáran a aula da natureza, as bibliotecas municipais e centros cívicos (estes con actividades propias). Opcións para que a cativada poida realizar algunha actividade mentres os pais andan a traballar ou a facer as compras.

Ademais haberá seminarios e obradoiros. Unha videoconferencia en directo con Papá Noel desde Laponia fará as delicias dos pequenos. Concurso de beléns, festa de aninovo na praza maior, serán outras das actividades.

Deporte
Un ano máis non faltará o deporte. Unha gran variedade de disciplinas terán lugar nestas datas na cidade con especial atención á terceira edición da San Silvestre (o día 31 a partir das 16 horas).