Barbadás acende o seu alumeado.

O Nadal ilumina A Valenzá

O Concello de Barbadás trae unha variada programación de lecer para este Nadal.
Despois do acendido da árbore de Nadal, o mércores día 19 as SS.MM. Os Reis Magos visitarán os colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro.
Os días 26 e 27 deste mes celébrase un clinic de porteiros, no municipal dos Carrís polas mañás. As categorías participantes serán as de cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín. Seguindo co deporte, o día 28 terá lugar un torneo benéfico prebenxamín de fútbl 8 nos Carrís.
O 3 de xaneiro, os Reis Magos percorrerán Loiro, Bentraces, Sobrado, Barbadás, As Lamas, Finca Fierro, Parada e Piñor. E o día 4, venres, será a quenda de Diverland 4.0 no polideportivo.
A ludoteca de Nadal estará aberta os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 10 a 14 horas. Para grupos de nenos de 3 a 6 anos e de 7 a 14. A inscrición debe realizarse ata o 18 de decembro na Casa Municipal da Xuventude.

Concurso de escaparates
O xoncello volve convocar o seu concurso de escaparates. Os participantes poderán optar a ser o mellor en dúas categorías: mellor decoración en establecemento hostaleiro e mellor escaparate comercial. Cada categoría conta cun premio de 200 euros.

Iluminación
Música, un photocall con persoaxes infantís e unha chocolatada acompañaron o acendido das luces de Nadal que, como desde 2015, adornan a árbore de 10 metros que se atopa no centro da Valenzá. A iluminación de Nadal por todo o concello ten un custo aproximado de 10.000 euros, contía financiada pola Concellería de Servizos Públicos. Pola súa banda, o custo do alumeado coa instalación de figuras en diferentes puntos da Valenzá ronda os 2.600 euros.
O alumeado inclúe a ornamentación de 75 árbores na avenida de Celanova, a instalación de sete arcos grandes na mesma avenida, de catro arcos medianos en rúas adxacentes: Areal, Rodríguez Punxín, Valenzá vella, etc. O polideportivo tamén conta con alumeado, a casa consistorial e outras localidades do municipio.

Trineo
A Concellería de Comercio instalou un trineo preto da glorieta da familia. A responsable desta área, Marga Pérez, explica, que o obxectivo desta iluminación complentaria “é propiciar as compras no comercio de proximidade e crear un ambiente que tanto gusta aos pequenos da familia”.