O mes de decembro chega cunha axenda de lecer cargada a Celanova. Varias sos as propostas nas que destacan os festivais de Nadal de diversas escolas municipais.
A Casa do Concello xa acolle os buzóns máxicos para recibir as cartas de Papá Noel e os Reis Magos.
Por días, o 14 (venres ás 20.30 h) terá lugar a obra de teatro “Historias do estrapelo” no auditorio Ilduara. Ao día seguinte, masterclass solidaria (a partir das 10 h) no pavillón das Triguerizas, de box functional, pilates, zumba e pilates dance; Festival de Nadal de patinaxe no pavillón Pedra da Moa ás 18.30 horas; e monólogo de kike San Francisco no auditorio ás 21 horas.
O domingo 16 será o momento do Festival de Nadal de ximnasia rítmica, ás 11, no pavillón das triguerizas e o concerto de Lucía Pérez no auditorio (19 horas). O xoves 20, terá lugar o festival da escola infantil (no auditorio ás 19h). Un día despois, haberá concerto no Ilduara a cargo de The Teta´s Van ás 20 h. O sábado 22, chega un obradoiro de xoguetes na praza de Abastos (11 h) e a actuación da Escola de Música da Banda de Celanova (18 horas). Un día despois as Escolas Deportivas celebran o seu festival no Pedra da Moa a partir das cinco e media da tarde.
Ademais, a Rede de Auditorios de Ourense traen ao auditorio municipal ao Mago Teto “Alquimia”, o mércores 26, ás 20 horas; o espectáculo de títeres “Vacacións no mar” e o concerto de “Blues do País”, o xoves 27, ás 20 e 21.30 horas, respectivamente.
Outras actividades
A ludoteca de Nadal estará aberta do 26 ao 28 para nenos de 3 a 12 anos. Tamén haberá un taller de ilustración con Kathy Ojea, para escolares de 12 a 18 anos. Serán na Casa dos Poetas, en horario de 10:30 a 13:30 horas.