Os primeiros espectadores da MOTI xa son adolescentes. Creceron á par que crecía a Mostra de Teatro Infantil (MOTI) que este ano chega a súa 15ª edición. Este ano chega con música, maxia, danza, monicreques e grafittis. As datas de celebración son o día 21 e do 26 ao 30 de decembro.
Este venres, 21 de decembro, ás 19 horas, inaugura a mostra Trécola Teatro coa súa obra “Moti a culleradas (marchando unha de MOTI)” que percorrerá a rúa do Paseo ata a praza de San Martiño.
Despois 18 espectáculos en cinco días -do 26 ao 30- e catro escenarios (Auditorio, Campus -sala Pardo Bazán e nunha carpa exterior- e Teatro Principal).
Catorce son as compañías participantes nesta edición chegadas de Galicia, comunidade alenciana, Madrid, Euskadi,
Castela e León e Portugal. Cada día haberá entre dous e tres representacións e nalgunha ocasión a obra contará con varios pases. O prezo das entradas estarán entre os 3 e 4 euros; isto é debido, segundo Fernando Dacosta -un dos creadores da MOTI- “á indispensable colaboración de todas as institucións”, en alusión ao Concello de Ourense,
Universidade de Vigo e Deputación provincial. A recadación dos espectáculos da MOTI no Campus de Ourense irá, un
ano máis, para Unicef.