As persoas interesadas poden inscribirse no espazo web de La Molinera.

A Aula CeMIT abre o prazo para inscribirse en 12 cursos

A aula CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) de Ourense, emprazada no centro de coñecemento de La Molinera, abriu o prazo de inscrición para 12 cursos que se impartirán entre os meses de febreiro e abril. Todos eles son gratuítos, están dirixidos a maiores de 16 anos e ofrecen cada un deles un total de 20 prazas. As persoas interesadas poden inscribirse no espazo web de La Molinera, www.lamolinera.net; ou na web cemit.xunta.gal/centro/55.

Os cursos están encadrados en tres áreas: Innovación Social Dixital; Nova Empregabilidade e Tecnoloxía 4.0, co gallo de cubrir diversos aspectos nos novos sectores nos que se está a desenvolver unha maior oferta de emprego. Pero tamén facilitarán aos alumnos o uso básico das novas redes no seu día a día ou en cuestións como a realización de trámites oficiais ou as compras a través de Internet.

Innovación Social Dixital
Iniciación á informática. Curso de 16 horas, que terá lugar os días 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12 e 13 de febreiro entre as 16:00 e as 18:00 horas.
Manexo e uso de smartphone (nivel básico). Curso de oito horas que se desenvolverá entre os días 11, 12, 13 e 14 de febreiro, de 16:00 a 18:00 horas.
Manexo e uso de smartphone (perfeccionamento). Curso de seis horas, de 16:00 a 18:00 horas, entre os días 20, 21 e 22 de febreiro.
Trámites a través de Internet. Curso de seis horas, os días 4, 6 e 8 de febreiro, de 09,30 a 11,30 horas.
Comprar de forma segura na Internet. Os días 19, 18 e 20 de febreiro, curso de seis horas, entre as 09,30 e as 11:30 horas.

Nova Empregabilidade.
Deseño de páxinas web (JOOMLA). Curso de 18 horas, os días 22, 25, 27 e 29 de marzo e os días 1, 6, 8, 11, 13 e 15 de marzo. Entre 09:300 e 11:30 horas.
E-mail márketing. Curso de 10 horas. Os días 20, 22, 25, 27 e 29 de marzo, entre 09:30 e 11:30 horas.
Retoque de fotografías. Curso de oito horas, os días 11, 12, 13 e 14 de febreiro. De 09:30 a 11:30 horas.
Edición de vídeo. Dez horas. Os días 24, 25, 26, 29 e 30 de abril, entre 09:30 e 11:30 horas.

Tecnoloxía 4.0.
Deseño en 3D. Curso de dez horas, nos días 8, 9, 10, 11 e 12 de abril de 09:30 a 11:30 horas.
Impresión 3D. Curso de dez horas. Entre as 09:30 e as 11:30 horas os días 15, 16, 17, 22 e 23 de abril.
Deseño vectorial. Curso de 10 horas os días 1, 2, 3, 4 e 5 de abril, entre as 09:30 e as 11:30 horas.