A V “Mascarada Ibérica” reunirá a 800 participantes procedentes de grupos diferentes lugares da xeografía nacional como Zamora, León, Pontevedra, Guadalaxara, Asturias, Cantabria, Lugo, A Coruña e Cáceres, así como grupos do país veciño, Portugal, xunto cos numerosos grupos da provincia de Ourense.
Esta celebración cultural desenvolverase no municipio de Viana do Bolo, o día 26 de xaneiro a partir das 16.30 horas, e no Concello de Vilariño de Conso, o día 27 de xaneiro a partir das 11.30 horas.
En ambos municipios celebrarase un desfile no que sairán á rúa as máis de 800 persoas procedentes dos 42 grupos participantes de diferentes lugares de España.