O Cineclub Padre Feijoo porxecta esta semana dúas películas na biblioteca o luns e mércores.
Quen te cantará
Lila Cassen (Najwa Nimri) era a cantante española con máis éxito dos noventa ata que desapareceu misteriosamente dun día para outro. Dez anos despois, Lila prepara o seu triunfal volta aos escenarios pero, pouco antes da esperada data, perde a memoria ao sufrir un accidente. Violeta (Eva Llorach) vive dominada polo seu conflitiva filla Marta (Natalia de Molina). Cada noite escapa da súa realidade facendo o único que a fai feliz: imitar a Lila Cassen no karaoke onde traballa. Un día Violeta recibe unha fascinante proposta: ensinar a Lila Cassen a volver ser Lila Cassen.
Luns, 28 de xaneiro, ás 20.30 e 23 horas. Entrada: 2 e 2,5 euros (asociados/publico xeral).
Climax
A mediados dos anos noventa, vinte novos bailaríns de danza urbana que se reuniron para unhas xornadas de tres días de ensaios nun internado en desuso situado no corazón dun bosque, fan o seu último baile común e logo festexan unha última festa de celebración ao redor dunha gran fonte de sangría. Pronto, a atmosfera vólvese eléctrica e unha estraña tolemia atraparaos toda a noite. Parécelles obvio que foron drogados, pero non saben por quen ou por que.
Mércores, 30 de xaneiro, ás 18, 20.30 e 23. Entrada: 4 ou 5 euros (asociados/publico xeral).