Na portada deste número sacamos a noticia da semana: a dimisión do concelleiro de Infraestruturas no Concello de Ourense, Pepe Araújo; ademais deixa a súa acta de concelleiro e daixe de baixa no PP, partido no que estivo desde os últimos 27 anos.
Outras das noticias destacadas son as obras que finalizarán en primavera na Alameda da Ponte e o derbi desta fin de semana (sábado, 18.30 horas) no estadio do Couto entre a UD Ourense e o Ourense CF. Ademais entrevistamos a Eligio González, presidente da Praza de Abastos do Carballiño.
Licitadas, pola Xunta de Galicia, as obras da segunda fase de posta en valor da Ponte Vella; estas darán comezo, segundo a conselleira, antes do verán. Presentouse o libro «as Andrómenas e Outros Contos», de Avelino Jácome e Manuel Blanco.
AVV As Termas inicia 2019 a ritmo de música; a asociación organizou un concerto para inaugurar o programa de actividades. Nova sede para a Policía Autonómica ubicada no antigo Pazo de Xustiza.
En Verín, o Desfile Infantil xa conta con cartel. Foi deseñado polo CPR María Inmaculada. Alianza Abanca – Aever. Firman un convenio para impulsar proxectos. Volve o Kero kolo á vila do Arenteiro. Obras en Oímbra; 600.000 euros para mellorar o acceso á ermida de San Roque. A DO Monterrei, presente en Xantar.
No partido que goberna no Carballiño chegou unha crise na que se descoñece, polo momento, o seu desenlace. O alcalde, Francisco Fumega, destituíu a Adolfo Nogueira da portavocía do Goberno. Deputación e Concello firman un convenio para mellorar o acceso ao Balneario de Caldas de Partovia.
En deporte, facemos un repaso dos equipos máis representativos do fútbol sala ourensán. Ademais, informamos de como van os equipos de fútbol na Terceira división. O COB vence ao Barça B e continúa no grupo cabeceiro. En ciclocrós, Carlos Canal logrou dúas medallas na Copa do Mundo.
Artigos, clasificados, humor, e máis neste número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha