Os campionatos de España de remo nas modalidades de Longa Distancia e de Seleccións Autonómicas disputaranse os días 9 e 10 de febreiro no parque náutico de Castrelo de Miño, e reunirá a un total de 1.150 remeiros de 107 equipos de 9 comunidades.
O IX Campionato de España de Longa Distancia terá lugar o 9 de febreiro a partir das 9.00 horas, nas categorías de cadete, xuvenil e absoluto, sobre unha distancia de 5.500 m., e no que atinxe ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas, disputarase o 10 de febreiro, a partir das 16.30 h, no que competirán remeiros das mesmas categorías, sobre unha distancia de 1.000 m.