En categoría máster feminino e conxunta.

O Salvour volve a dominar en Galicia

Un ano máis, o Club Salvour proclamouse campión galego de salvamento acuático en categoría máster. A piscina Rosario Dueñas volveu a ser o mellor escenario para celebrar este campionato autonómico. Polo vaso ourensán pasaron 12 clubs e preto de 250 deportistas, que estiveron acompañados por uns 600 afeccionados nas bancadas. A organización do evento correo a cargo da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) e o club salvamento Ourense Salvour.

O club ourensán logrou o campionato en categoría máster femenino con Silvia Fernández, Paula Fernández, Cristina Colomo e Marta Estévez. Ademais levouse o título na clasificación conxunta con Jesús Quintas, Héctor Pérez, Julio Iglesias, Eloi Fernández e Roberto Naranjo. Todos eles medallistas e con varios títulos galegos e récords autonómicos.

Actuacións
A nivel individual destacaron as actuacións da xuvenil Eva Espinosa que subiu en dúas ocasións ao podio con medalla de prata na proba de 100 metros combinada e en 100 metros remolque de maniquí con aletas.

O equipo formado por Eva Espinosa e Aldara Nerea Vesprini non puido loitar polas medallas na final de lanzamento de corda; tampouco accederon ao medalleiro os integrantes do 4×50 obstáculos Noel, Ecequiel, Jorge e Miguel González Alvar que alcanzaron un meritorio quinto posto a nivel absoluto.

En sénior, Ecequiel Quiroga logrou a medalla de prata en 200 metros obstáculos, e Noel Quiroga, terceiro. Proba na que Jorge Sánchez quedou no posto sexto. Andrea Bello rozou o podio en varias probas.