Celebrarase do 8 ao 13 de abril deste ano.

Semana de Carlos Casares en Xinzo

O Concello de Xinzo continuando colaboración coa fundación Carlos Casares presentou no salón de plenos do Concello a Semana dedicada a Carlos Casares.

Na presentación estiveron presentes por parte da Fundación, Xavier Casares e Hockan Casares e polo concello o concelleiro de Cultura Carlos Gómez e o técnico de cultura Alfonso Lois, que foi o encargado de coorganizar e servir de nexo de unión entre as dúas institucións para levar adiante o programa desta semana. Escusaron a súa presenza o xerente da Fundación e o alcalde, os dous por atoparse indispostos. Tamén estiveron presentes na presentación, membros dos grupos municipais do PSOE e XA.

Actividades
– Exposición “As caras do libro. O deseño de cubertas na obra de Carlos Casares”
Consistirá nunha exposición que recolle máis dun cento de cubertas dos libros de Casares nos diferentes xéneros literarios e edicións que o autor cultivou.
Lugar: Casa de Cultura de Xinzo
Datas a determinar.

Concurso de debuxos sobre a Galiña Azul e deseño de capas para as Letras Galegas 2019
Estes concurso irán dirixidos a nenos de Infantil e Primaria e estudantes de Secundaria.
Lugar: Centros de ensino da Limia
Datas: Durante os meses de febreiro e marzo.

“O Xogo do papapío”
Este é un proxecto de dúas sesións dirixido por un actor e que vai encamiñado a nenos de 3º a 6º de primaria. No mesmo potenciarase a retención, o traballo en equipo, a imaxinación e o xogo. Loxicamente todas as situacións irán rodeando a figura de Carlos Casares.
Lugar: A Casa da Cultura
Datas: do 8 ao 12 de abril

Concurso “A Limia é así”
Este concurso baséase nun traballo escolar que Casares desenrolou cando novo, (que se expón na etapa 1 maleta 4) da exposición permanente que se atopa no Museo do Entroido de Xinzo.
Este concurso está dirixido a escolares de ESO en tres modalidades, con dous premios en cada unha delas.
– Mellor texto breve
– Mellor fotografía ou serie fotográfica
– Mellor curta para as redes sociais/internet.
A primeira edición deste concurso, declarouse deserta.
Lugares: Centros educativos da Limia
Datas: Meses febreiro e marzo.

O presuposto achegado polo concello de Xinzo para esta semana cultural será de 10.000 euros segundo acordo entre a institución municipal e a Fundación.

Carlos Gómez, manifestou o agradecemento a Fundación a cal está sempre interesada por desenrolar actividades no eido cultural na nosa vila e comarca.

Hockan O pretexto desta semana, non é outro, que o de seguir mantendo a relación que ten este concello coa figura do meu pai. O propio padroado da Fundación do cal é membro o propio Concello, decidiu, despois do gran éxito na organización dos actos das Letras Galegas dedicado a meu pai, éxito, non solo recoñecido por nos, se non por todo o mundo que dixo que fora un día extraordinariamente ben organizado e cunha repercusión moi grande si se comparaba coa organización de outros anos, noutros lugares. Pensamos que era unha pena que iso se quedara aí e que non se aproveitara esa colaboración para facer conxuntamente máis cousas. Aí foi cando se decidiu, non facer solo un día, se non unha semana con actos para recordar ao escritor e a comarca.