A Escola Infantil e o Servizo de Pediatría do Hospital Universitario de Ourense organizan a Andaina Solidaria Ourense-Palmés, destinada a favor da labor social da Fundación Andrea, de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, Crónicas e Terminais, organización, sen fins de lucro, que colabora activamente nos proxectos de humanización das áreas de pediatría.
A iniciativa terá lugar o vindeiro sábado 30 de marzo, e os participantes poderán optar por dous percorridos, en función da súa capacidade ou adestramento. A andaina, de 21.5 kilómetros, ou un roteiro cultural con guía de 10 km. En ambas rutas os asistentes disporán de diversos puntos de avituallamento,grazas a colaboración de numerosas empresas e asociacións colaboradoras locais, que contribúen así ao que os fondos recollidos mediante a inscrición se destinen integramente a esta labor social.
Ambas rutas sairán da Ponte Vella ás 9.30 h. e rematarán no Centro Social de Palmés, onde se celebrará un xantar, para voltar a pé ou facendo uso do transporte público. O precio da inscrición é de 10 euros, e tan só é preciso realizar unha transferencia á conta da F. Andrea (ES64 2100 4876 032200044308) poñendo nome, apelidos e DNI e incluindo como concepto “ASOU”.
Ademais, para todos aqueles que desexen colaborar e non podan asistir, existe outra posibilidade de facelo, realizando igualmente a inscrición, coa cantidade que se desexe aportar, e indicando “Dorsal 0”.