O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Artesanía do Lázaro, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de abril na Praza da Mercé. Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 15 de marzo de 2019.
Horario de Funcionamento:
Venres, 5 de abril en horario de 18 a 21 horas.
Sábado, 6 de abril en horario de 10:30 a 14h e de 16:30 a 20:30 horas.
Domingo, 7 de abril en horario de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 horas.
Candidaturas:
As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 15 de marzo do 2019.
A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios entregaranse por un dos seguintes medios:
a) Na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial- (Praza do Concello s/n).
b) Por correo electrónico: feiras@verin.gal.
As inscricións que se queiran realizar e están fóra de prazo deberán ser consultadas previamente coa organización para revisar a dispoñibilidade dos stands.
Por motivos de protección de datos de carácter persoal infórmase aos participantes que coa súa asina na folla de inscrición, autorízanos expresamente a ceder os seus datos para ser incluídos nun ficheiro propiedade do Concello de Verín. Para a oposición, acceso, rectificación, cancelación dos mesmos realizarase na seguinte dirección:
Concello de Verín – Praza do Concello, s/n 32600 Verín- Ourense.
A organización poderá rexeitar as candidaturas que non se atopen no ámbito do evento. A candidatura só será efectiva unha vez, que se sexa aceptada e confirmada a participación pola
organización e realice o pagamento tras a inscrición previa, nun prazo máximo de cinco días hábiles. Deberase enviar o xustificante de pagamento a organización por calquera outra forma recollida previamente (en oficina, e-mail ou fax).
Para calquera aclaración adicional e información poderá contactar en:
CONCELLO DE VERÍN
Departamento: Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín
Persoa de contacto: Julia Morales Ojea
Teléfono: 988 41 00 00
Fax: 988 41 19 00
e-mail: feiras@verin.gal