A Xunta de Galicia apoia con 405.000 euros as obras de ampliación da residencia de maiores «Virxe da clamadoira», de Muíños.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou a localidade para comprobar as obras de ampliación. Na visita Díaz Mouteira acompañada do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño, supervisou os traballos realizados na planta baixa desta infraestrutura municipal xestionada pola Fundación San Rosendo que lle permitiron incrementar 20 prazas, pasando das 39 que tiña autorizadas a un total de 59 prazas para maiores e dependentes.
As obras realizadas na residencia de maiores da parroquia de Mugueimes, en Muíños, foron financiadas pola Xunta a través das Consellerías de Política Social e do Medio Rural.
Iniciativa do GDR10 Limia Arnoia
Así mesmo, este proxecto de ampliación tamén recibiu 200.000 euros grazas ás subvencións que a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, destina aos GDR, ao abeiro do programa Leader. Muíños pertence ao grupo de desenvolvemento rural Limia Arnoia (GDR10) de Ourense que impulsa varias iniciativas que contribúen á dinamización do agro desta zona, entre elas o da súa residencia de maiores.