A portada desta semana é eminentemente entroideira; e é que chegae os días grandes do Entroido na provincia. Ademais falamos da inversión da Xunta en obras na cidade e a contorna con máis de catro millóns de euros. Ourense en Común pide a paralización da RPT. Mentres, Democracia Ourensana quere crear un centro de intelixencia artificial. A zona das vivendas sociais ao carón da estación de autobuses sufriu unha desratización aclamada polos veciños desde hai meses.
O Concello presenta as actividades do 8M, entre as actividades, arte e deporte para conmemorar o Día da muller traballadora. A moda, presente na “ICC Week”; Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García e Adriana Domínguez inaugurarán esta edición. O Centro Interxeracional celebra o galego, no Día Internacional da Lingua Materna.
No Carballiño falamos con Adolfo Nogueira e Francisco Fumega, trala crise no PSOE no que o primeiro foi destituido dos seus cargos dentro do Goberno local.
Nova cara para a ponte de Veiga, co fin de preservar e valorizar este monumento. Unha escultura de bronce, obra da mestra canteira Laura Rodríguez Miranda, será colocada os próximos días na Praza Maior do Carballiño para render homenaxe ás feiras e ás pulpeiras.
En deportes, a pista cuberta de Ourense conta cunha pantalla xigante e máis bancadas para albergar competición de nivel na pista de Expourense. O Club Ourela, de patinaxe, logra o bronce en Madrid no Latina Grupos Show. O COB recibe ao Huesca, equipos que sumas as mesmas vitorias, 14. A UD Ourense mantense en postos de promoción de ascenso.
Arquivo visual, artigos, humor, e máis, no número 86 de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha