O Entroido vívese en Ponte Vella cunha programación cargada de actividades e lecer para todos. Repartidas por todo o centro pódese ver as personaxes máis significativos do Entroido da nosa provincia e tamén podes visitar un photocall especial.
Talleres infantís
O venres, día 1; o sábado 2, luns 4, e mércores 6 haberá talleres infantís para os máis cativos (a partir de tres anos) de “Obradoiro de accesorios para disfraces”, “Máscaras de Entroido tradicional”, “Antefaces de feltro” e “Construimos cariocas” na planta baixa (de 17:30 a 20:30 horas).
Festa especial de Entroido
O sábado, 2 de marzo, na segunda planta de 17:30 a 20:30 horas realizarase a gran festa infantil de Entroido con bailes, desfile, animación variada, personaxes de Entroido, xogos malabares e mascotas infantís para diversión de toda a familia.
Tamén haberá un espazo habilitado na segunda planta, de 17:30 a 20:30 horas, de maquillaxe e pintacaras con Lito Seoane Start Nails para que todo o que queira poda caracterizarse da súa personaxe ou disfraz favorito.
Concurso de disfraces
E non faltará o habitual concurso de disfraces. Celebrarase o luns día 4 ás 17.30 horas. Poderán participar nenos de 4 a 13 anos de idade e por terceiro ano consecutivo amplíase o concurso a unha segunda categoría na que se poderá participar de 14 anos en adiante (calquera idade).
Para participar no concurso terán que inscribirse no Punto de Información, chamando ao 988 51 02 32 o enviándonos un mail a rrpp@pontevella.com. O prazo máximo para a inscrición será el lunes 4 ás 14 horas.
Os participantes obterán varios agasallos das empresas colaboradoras. Os tres primeiros clasificados en ambas categorías obterán premios especiais de 100 euros para o primeiro, 75 para o segundo e 50 para o terceiro.
Para a categoría de 4 a 13 anos tamén haberá 25 euros de premio para os clasificados entre os postos 4 e 10, respectivamente. Os premios consisten en cantidades para gastar en establecementos do Centro Comercial. O prazo para realizar o gasto terá como data tope o 31 de maio deste ano.
O remate do concurso (en torno ás 19 horas no escenario da segunda planta) pecharase a programación do luns cun divertido espectáculo de maxia familiar co show «Ilusións Máxicas» da compañía do Mago Xacobe.