Nesta ocasión a portada conta coa creación de AENO (Alianza Empresarial do Noroeste) que nace co obxectivo de defender os intereses do noroeste de España. Xinzo despediu o Entroido e xa pensa no do ano que vén. A Xunta impulsará a Torre da Pena cunha achega de 225.000 euros. O Campionato de España máster de atletismo en pista cuberta foi todo un éxito organizativo e de participación.
O PXOM e o novo campo de batalla do Goberno Municipal e oposición. O PP quere aprobalo sen pasar polo pleno e a oposición tachan a maniobra de ilegal. Democracia Ourensana critica o informe do caudal da antigo cárcere e falan da “enésima mentira” do grupo de Goberno. Expourense xa se prepara para «Vinis Terrae» e «Previsel».
Os centros educativos da Limia apúntanse a non beber mediante un programa da Consellería de Sanidade. Adegal aborda o futuro do sector nunha xornada que reuniu a máis de 1.000 persoas. O CDR O Viso organiza un obradoiro de risoterapia dirixido aos que están en contacto cos máis maiores. Xinzo é nova sede da Federación Galega de Baloncesto trala firma dun convenio entre as duas entidades.
Un congreso internacional e unha gran e ampla exposición serán os actos centrais para celebrar o centenario da Xeración Nós. A Escola Trazos, na ICC Week; a academia ofrecerá unha masterclass. Concello de Ourense e Mercado de Abastos firman un convenio para a realización de actividades enfocadas aos escolares.
O derbi de Terceira división de fútbol entre Ourense CF e Arenteiro caeu de cara para os do Carballiño. O COB xa pensa no playoff de ascenso á ACB; con 16 vitorias o club ourensán ten a salvación asegurada. As alevíns e júniors do club Sincro Ourense, campioas de Galicia de natación artística.
Artigos, clasificados, axenda e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha