A sede da Confederación de Empresarios de Ourense foi o lugar elexido para a constitución da Alianza Empresarial do Noroeste (AENO), despois de xestarse en Oviedo o pasado mes de outubro. Unha organización que ten coma obxectivo defender e promover os intereses xerais das empresas e a mellora da economía dos territorios do noroeste de España.
AENO abrangue as asociacións empresariais da Coruña, Lugo, Ourense, Asturias, León, Zamora e Salamanca; un territorio que conta con cinco millóns de persoas e representa ao redor do 10% del PIB español.
O colectivo aspira a fortalecer unha posición empresarial conxunta na defensa da atención ás necesidades e demandas da zona que ocupa, ser capaz de alcanzar adhesións noutros ámbitos sociais e de influír ante a toma de decisións administrativas ou políticas, así como contribuír á análise e formulación de propostas destinadas a paliar a tendencia negativa e os efectos da evolución demográfica, a dispersión poboacional e o intenso envellecemento que afecta a estas provincias.
Obxectivos
Entre os obxectivos da alianza están o impulsar o desenvolvemento das infraestruturas de transportes, os servizos loxísticos, e a promoción dunha conectividad multimodal que permita unhas conexións competitivas coas áreas económicas máis dinámicas, ademais de promocionar políticas que fagan ao noroeste español un territorio atractivo para o mantemento, captación e crecemento da actividade económica.
O presidente da alianza, o asturiano Belarmino Feito, destacou como características comúns dese territorio a evolución demográfica, o envellecemento, a dispersión da poboación, as comunicacións ou a produción enerxética, entre outras. Por iso, “só xuntos -aseguro Feito- teremos máis forza para afrontar os nosos problemas comúns e situar ao noroeste no lugar que se merece, facendo valer o noso peso ante quen até agora nos esqueceron”.
A idea, segundo o presidente de AENO, é “facer diagnósticos axustados á realidade e trasladaremos, desde a Alianza, ás administracións e aos políticos as posibles solucións”.
Pola súa banda, o secretario da Alianza, o ourensán José Manuel Díaz Barreiros, en representación da CEO, manifestou que a Confederación Empresarial de Ourense cre firmemente neste paso dado polas sete agrupacións, e manifestou o compromiso de “tratar de reverter a situación de esquecemento na que estamos sumidos”.
No acto estivo presente a conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, que brindou o respaldo e a colaboración dea Xunta na consecución de obxectivos comúns.
Portugal
Ademais, a alianza está en contacto co norte de Portugal zona coa que comparten “intereses e reivindicacións cruciais”.