A poucas semanas das eleccións municipais, desde este número e ata finais de maio, sacaremos información electoral. Os últimos movementos das formacións que optan a ocupar os distintos sillóns dos consistorios municipais.
Nesta ocasión levamos á portada o KO de Vázquez Barquero; o socialista renunciou á súa acta de concelleiro, á portavocía do grupo socialista no concello e a ser o candidato nas municipais. Quen si tentará revalidar a alcaldía en Verín é Gerardo Seoane. E seguindo con Verín, o Concello adxudicou o Centro de Día. O COB caeu con honores no campo do Betis, líder da LEB Ouro. Entrevistamos ao fotógrafo verinés Pedro Armestre.
No mes de maio Expourense acollerá a segunda edición de Car Outlet na que estarán presentes 16 concesionarios.
Bombeiros e enfermeiras recollen firmas para mellorar as súas condicións laborais. O PXOM foi devolto á concellería de Urbanismo co informe do interventor fóra de prazo. Adif adxudica a asistenciae control de diversas obras do AVE.
A memoria da Policía Local indica que en 2018 houbo menos accidentes pero máis multas na cidade.
A Dirección Xeral de Tráfico inicia unha campaña para evitar os atropelos. O EcoBarrio da Ponte comeza a andar coa colocación da nova iluminaria no paseo da Chavasqueira.
A comarca de Verín celebrou o Día Internacional do Bosque. Os días 29 e 30 de marzo, a vila do Támega celebra a segunda edición das Xornadas de Novela Histórica; estará presente o último premio Planeta, Santiago Posteguillo. Coas xornadas terá lugar un obradoiro de técnicas narrativas.
En deportes, presentouse o VIII Trofeo Club Deportivo Aurum de atletismo, que se celebrará este domingo -pola mañá- nas pistas do Campus Universitario. Tamara Silva acadou dúasmedallas, de ouro e bronce, no Campionato de España de jiu jitsu. O Xadrez Ourense loitará polo título ata o final na División de Honra. O Campus Ourense Rugby pode facer historia; ten na súa man xogar o playoff de ascenso. A Unión Deportiva Ourense colleitou a terceira derrota consecutiva, mentres que o Barco sumaba a súa primeira vitoria nas últimas 10 xornadas. O COB recibe este domingo, ás 19 horas, a Palma.
O CIFP A Farixa celebrou a gala de fin de curso con tres espectáculos. O Concello de Ourense abre o prazo para o concurso do cartel do maios. A Ourense ICC Week programa 70 horas de actividades.
Artigos, humor, clasificados e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha