O Concello de Verín celebrarao os días 5, 6 e 7 de abril.

Coñece o programa do Lázaro 2019 de Verín

Este ano, o ente municipal volve a ofrecer un amplo abano  de propostas enfocadas a todos os públicos. Como novidades destacan dúas novas exposicións no Museo Claustro Mercedario, xornadas temáticas sobre plantas medicinais e recuperación de oficios tradicionais, o I Intercambio transfronteirizo entre a Asociación Cultural Candaira e o Rancho Folclórico Os Camponeses de Arosa (Cabeceiras de Basto- Portugal)”.

Ao igual que o ano pasado, a estas actividades súmanse a feira Agro +Verín, Feira do Libro, Feira de Artesanía, actividades infantís pedagóxicas, actuacións musicais variadas,  o Túnel do Viño da D.O Monterrei, un Torneo de Pitch and Putt (Golf), unha mostra de vehículos de ocasión, BTT, fútbol e natación, actividades de ocio e menús “especiais Lázaro”.

No que actividades musicais e culturais se refire, desde a concellería de Cultura e Festexos  manteñen a liña de programación das anteriores edicións ofrecendo actuacións pensadas para todas os segmentos de público. Os días 5, 6 e 7 de abril, a Praza da Mercé  acollerá, a Feira de Artesanía, na que participan 17 stands, e a Feira do Libro, coorganizada pola Federación de Librarías de Galicia e o Concello de Verín. Como novidades, inauguraranse dúas novas exposicións no Museo Claustro Mercedarios ( MCM) e celebrarase o “Primeiro intercambio da Asociación Cultural Candaira– Rancho Folclórico Os Camponeses de Arosa (Cabeceiras de Basto- portugal)”.

MENÚ ESPECIAL LÁZARO
A Asociación de Hostaleiros da Comarca de Verín promove, en colaboración do Concello de Verín,  o menú “Especial Lázaro” co fin de promover os produtos tradicionais da comarca. Estes menús especiais, cuxos prezos oscilan entre os 10 e os 35 euros, estarán dispoñibles durante as dúas xornadas  da Feira do Lázaro.

FEIRA AGRO+VERÍN  (6 e 7 de abril)

Pavillón Municipal de Verín

Horario
Sábado, de 10.00  a 14.00  e de 16.00 a 20.00 horas
Domingo, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas

6 e 7 de abril

  • TÚNEL DO VIÑO DA D.O MONTERREI.

Horarios: de 12.00  a 14.00 e de 18.00  a 20.00 horas

  • EXPOSICIÓN DE PLANTAS MEDICINAIS

Con visitas guiadas, charlas visuais, vídeos sobre etnobotánica, saída a campo  e obradoiros infantís.

Sábado 6
16:30 – 18:00 h OBRADOIRO DE COCIÑA TERAPÉUTICA (SUSTINEA)
18:30 – 20:00 h OBRADOIRO DE COCTELERÍA ECOLÓXICA (ALICORNIO)

Domingo 7
XORNADA DE RECUPERACIÓN DE OFICIOS TRADICIONAIS
11:00 h OLERÍA DO BATÁN (CHARLA E OBRADOIRO SOBRE OLERÍA TRADICIONAL)
16:30 h IDOIA CUESTA (CHARLA SOBRE CESTERÍA TRADICIONAL CONTEMPORÁNEA, FUSIÓN CO TÉXTIL, EMPREGO DE MATERIAIS ECOLÓXICOS… E OBRADOIRO DE ESCULTURA CON TÉCNICAS ARTESANAIS (MARAÑAS)

Para participar nas actividades será necesario inscribirse previamente no correo electrónico agromaisverin@gmail.com ou nos teléfonos 988989508-988417232-640687331 ou ben, no stand da organización situado no Pavillón Municipal.

 

Para mercar os tíckets para o túnel do viño farase no stand co Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei ou nas súas oficinas os días anteriores á feira.

 

ACTIVIDADES PEDAGÓXICAS INFANTÍS (6 e 7 de abril)

Pavillón Municipal de Verín
Actividades lúdicas e educativas durante todo o horario de apertura do pavillón. 

EXPOSICIÓN DE VEHÍCULOS DE OCASIÓN (6 e 7 de abril)
Rúa Irmáns Moreno

Horario
Sábado, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
Domingo, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas

CONCESIONARIOS PARTICIPANTES: Afiauto S.L, Martínez Multimarca, Autos Moncho (Concesionario Ford), Veiskacars, Talleres Agripino S.L e Cendón-Otero S.L.

IV EDICIÓN ESPECIAL DEPORTES (6 e 7 de abril)
Sábado, 6 de abril

 TORNEO DE NATACIÓN
17:00 horas
Piscina Climatizada de Verín+ info: Telf.: 988 414 184 – 609 888 618

TORNEO PITCH & PUTT 2019
Instalacións de Pitch & Putt (Os Remedios)

Para participar no campionato será necesario inscribirse a través dos teléfonos 608887035 ou 609824943, ou ben vía mail competicion@pitchandputtgalicia.com.

 

PRESENTACIÓN DO EQUIPO CICLISTA “BICICLETAS CHINQUENA RACING TEAM”
17:00 H  Pavillón de Deportes de Verín

PARTIDO DE VETERANOS DE FÚTBOL ENTRE OS EQUIPOS A.D VETERANOS VERÍN – G.D CHAVES
17:00  h Complexo Deportivo de A Granxa

Domingo, 7 de abril
BTT DO LÁZARO “XII BTT VAL DE MONTERREI”
9:30 horas Praza García Barbón
Para participar será necesario inscribirse, de maneira gratuíta, a través do portal web SPORTMANIACS. Información: 669796177/664285016

FEIRA DE ARTESANÍA (5, 6 e 7 abril)
Praza da Mercé – Inauguración oficial:  5 de abril ás 19:30 horas
Horario
Venres tarde: 18:00 a 21:00 horas.
Sábado: 10.30-14:00  e de 16.30 a 20.30 horas.
Domingo: 10.30-14:00  e de 16.30 a 20.00 horas.

EXPOSITORES

  • S.J. ARTESANÍA: figuras de personaxes feitos a man en porcelana.
  • ROSA ARTESANÍA: pulseiras, pendentes feitos a man.
  • LAS COSAS DE MI MADRE: complementos infantís (xogos, bolsos) feitos a man en feltro.
  • BOMBOS DOS CARVALHOS: instrumentos musicais (caixas, bombos, peles e accesorios).
  • MIMOBOOKS_PRANA_SHOP: produtos realizados con telas: fundas de libros acolchados en materiais de algodón, loneta, para portátiles, para cámaras de vídeo, marcapáxinas, Mochilas.
  • TUCOIRO-MACEDA: artesanía en coiro, cigarróns, bolsos, carteiras, cintos.
  • FOFUCHAS MERCHI: fofuchas, fofulapices, cadernos, Scrab.
  • LULINTO: produtos a ganchillo (peluches, moedeiros, gorro).
  • BIOJOIAS CAPIM DOURADO: biojoias, accesorios de moda, decoración utilizando o Capim Dourado.
  • AUROARTE: modelado en fimo.
  • DORAHADA:           xoguetes de madeira e cerámica decorativa.
  • ARMÁRIO SEM CHAVE: pintura camisetas, complementos de moda feitos a man.
  • ARTESANATO SANTOS: bordados en punto de cruz, e cestería en vivo e bixutería.
  • ARTESANÍA EN COIRO JOSÉ GOYANES: artesanía en coiro: cintos, carteiras, moedeiros, chaveiros, pulseiras.
  • “O MEU CANTO” – OVAR: traballos personalizados: carteiras, gorras, complementos infantís realizados en feltro.
  • ALICOURO-AMARANTE ARTESANÍA: en pele e coiro.
  • ESPIRITO DO BOSQUE: sacos térmicos, goma eva, bistuería feita a man.

FEIRA DO LIBRO
Praza da Mercé
– Inauguración oficial:  5 de abril ás 19:30 horas

Horario
Venres: 18:00 a 21:00 horas.
Sábado: 10.30-14:00  e de 16.30 a 20.30 horas.
Domingo: 10.30-14:00  e de 16.30 a 20.00 horas.

MUSEO CLAUSTRO MERCEDARIO –MCM- (5, 6 e 7 de abril)
Claustro dos Padres Mercedarios
Apertura das exposicións: «Operación Monarca» e “Aves de Galicia», do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
Horarios
Venres: 19:00 A 22:00 horas
Sábado: 10:00 a 14:00 / 16:00 a 21:00 horas

ACTUACIÓNS MUSICAIS (5, 6 e 7 de abril)
VENRES 5
Praza da Mercé 19:30 h: Banda de Gaitas de Verín (Inauguración da Feira do Libro e de Artesanía)

SÁBADO 6
Pavillón de Deportes de Verín e Pasarrúas
12:00 h: Charanga da Asociación Cultural Candaira (Inauguración Feira Agro+ Verín)
Praza García Barbón
21.30 h: Grupo Alkar (primeiro pase)
00:30 h: Grupo Alkar (segundo pase pase)

DOMINGO 7
Pola mañá: Pasarrúas da Banda Musical de Vilaverde da Raia
Misa e procesión en honor a San Lázaro
Praza García Barbón 18.00 h: I Intercambio da Asociación Cultural Candaira– Rancho Folclórico Os Camponeses de Arosa (Cabeceiras de Basto- portugal). Desfile  desde a Casa da Cultura ata a Praza García Barbón. O chegar a praza, ambas agrupacións ofrerán unha actuación musical.
19:30: Orquestra Royal Espectáculo