Celebrouse a a primeira reunión da comisión de seguimento do convenio de “Territorios intelixentes”, celebrada no Pazo Provincial entre representantes da Deputación e da entidade Red.es.
A iniciativa, para a que se destinan 3 millóns de euros, desenvolverase entre a Deputación de Ourense e Red.es, e abrangue baixo o lema: “Hay un Ourense para ti. Descúbrelo”, unha plataforma smart, aplicacións para móbiles, unha guía con contidos interactivos, cámaras para monitorización de rutas e seguimento dos lugares máis visitados.
Manuel Baltar presidiu a primeira reunión de seguimento do proxecto, na que participaron o director da Área de Transparencia da Deputación de Ourense, Fernando Suárez, e os directivos de Red.es Arturo Rodríguez e David Crespo
“Hoxe iniciamos unha andaina que suporá un novidoso sistema para as experiencias turísticas, e Ourense lidera esta innovación coa plataforma de “turismo intelixente” que permitirá aos visitantes acceder aos recursos turísticos da provincia coa tecnoloxía máis vangardista aplicada ao ocio, cultura, termalismo, natureza e gastronomía”, afirma Manuel Baltar.
A plataforma ofrecerá, ademais, un portal web de información turística; un planificador de rutas baseadas nos gustos dos usuarios; sistemas de Realidade Virtual e de Realidade Aumentada, e experiencias inmersivas 360º con fotografías e vídeo
Na reunión de analizouse o cronograma de actuacións e o traballo de licitación do proxecto co-financiado ao 60 % polo Estado e que se enmarca na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de Red.es, na que se seleccionaron 24 iniciativas de 9 comunidades autónomas, cun montante económico total de 68,3 millóns de euros.