A entrada ao partido contra Zamora será de balde.

O Sala Ourense invita ao deporte de Ourense

O Sala Ourense xógase a permanencia no partido desta fin de semana diante do Zamora. O partido terá lugar na cancha central dos Remedios este domingo, 14 de abril, a partir das 12 horas.

Debido á trascendencia do choque, a directiva do Sala Ourense pretende que as bancadas sexan un hervideiro, polo que precisan da afección.

Para elo, ademais dos habituais nos partidos do equipo ourensán que milita na Segunda división B, queren estreitar lazos con todo o deporte da provincia. Por iso, presentando o carnet de socio ou a licenza federativa de calquera club da provincia terá acceso gratuíto ao partido.

Homenaxe
O club homenaxeará a Alejandro Montero, atleta ourensán que vén de proclamarse a pasada fin de semana subcampión do mundo de cros curto e campión do mundo de cros longo, coa selección española. Ademais, o Club Ximnasia Pavillón fará unha exhibición durante o descanso.