Marina Ortega formou parte da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicóloxía de Galicia. A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Carballiño, opta agora ao Congreso dos Deputados.
Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense?
Marina Ortega: «A experiencia no ámbito municipal aporta un plus de proximidade coa realidade, e sobre todo cos problemas das persoas. Neste sentido se pode observar como a nivel xeral, pero sobre todo nesta provincia, polo envellecemento e a baixa natalidade, cada día se fai máis visible un modelo de familia distinto ó de fai anos. A unidade familiar mudou, e cada vez obtemos máis datos de fogares habitados por unha soa persoa. Isto require que adaptemos as políticas á nova realidade e poder ofrecer os recursos que a sociedade demanda».
«Por outra banda, na provincia é importante que traballemos de xeito transversal en varios ámbitos para poder impulsar un novo tempo con máis posibilidades laboráis e de mellor calidade para que a xuventude non se teña que volver a marchar en busca de oportunidades a outros países ou ciudades, por iso o goberno de Pedro Sánchez impulsou o Plan de Choque polo emprego Xove e o Plan Retorno para que regresen os que un día se foron. Ademáis de impulsar a mellora das coberturas de autónomos e pequenos empresarios cunha gran inversión no Programa Cervera con máis de 500 millóns de euros para que pequenas e medianas empresas innoven a través dos Centros Tecnolóxicos».
«O esmorecemento e despoboamento sobre todo no ámbito rural tamén nos debe alertar para levar a cabo políticas encamiñadas no impulso do rural, para dotala de servizos, e ademáis coma atractivo turístico, xa que somos unha provincia destacada neste sentido, con recursos naturais relevantes coma as augas termais e os nosos paisaxes coma por exemplo a candidata a Patrimonio Mundial a Ribeira Sacra, además de destacar pola gastronomía etc Somos unha provincia con moitísimo potencial».
Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia?
M.O.: «Trátase da opción máis sensata, somos un partido que compliu con medidas e máis dunha treintena de decretos lei para que o cambio fose posible en tempo récord. A cidadanía percibiu os cambios, pero somos conscientes de que para levar a cabo un proxecto completo que poida mellorar aínda máis a calidade de vida da cidadanía precisamos unha ampla mayoría e máis tempo de acción no goberno. En Ourense se cumpriron os prazos do AVE, se desbloquearon proxectos importantes a nivel infraestructuras por toda a provincia, máis de 100.000 personas disfrutaron do aumento das pensións, moitas percibiron o aumento do Salario Mínimo Interprofesional que subiu un 22%, de 9 Millóns de euros do Plan de Turismo Intelixente a Galicia por parte do Estado, 6 se invertiron en Ourense, deixando con claro o compromiso deste goberno na provincia de Ourense. Se impulsaron medidas sociais dende o goberno coma o subsidio para desempregados de longa duración maiores de 52 anos ou a cotización para coidadoras de familiares dependentes, moi importante nesta provincia, das máis envellecidas do territorio nacional».
E como beneficiará ao estado en xeral?
M.O.: «España precisa unha opción de avance e non de retroceso, precisa dunha opción moderada e sensata. O Goberno socialista durante estes meses traballou sen descanso convertindo a Pedro Sánchez no primeiro presidente que aproba máis dunha treintena de decretos leis nos primeiros nove meses de mandato. Precisamos un goberno aberto e sensible que regule temas tan importantes coma a Eutanasia, que fomente a igualdade de oportunidades, que blinde a infancia ante a pobreza e exclusión social, ou ante os abusos ou delitos. Precisamos un executivo próximo á cidadanía que esté en contacto coas persoa e recolla as súas demandas, adaptándose con elo aos novos tempos. Para elo precisamos neste mapa electoral descoñecido ata o momento, unha movilización masiva da cidadanía para que de un golpe de efecto e promovan urnas cheas de avance para este país».