Para Begoña Conde Álvarez serán as primeiras eleccións baixo as siglas de VOX, pois xa ten experiencia política con outro partido. A tía de Santiago Abascal lidera o proxecto do seu sobriño en Ourense agardando dar a sorpresa e conseguir representación na provincia.
Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense?
Begoña Conde: “O bo do noso proxecto é que é nacional e en realidade coinciden moitas propostas de pequenas localidades como son o envellecemento da poboación, a inmigración ou incluso a España vaciada, o problema das comunicacións, sen esquecer a parte sanitaria de unión de municipios que ás veces con servizos sociais básicos e sanitarios que van vir ben a todos os pobos cercanos para ter a man calquera necesidade urxente. Viña no tren e un viaxeiro díxome que a unha persoa que lle deu un ataque ao corazón e como tardou a unidade medicalizada desgraciadamente faleceu.
Ademais, a atención primaria creo que se pode mellorar en relación cos pediatras”.
Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia?
B.C.: “Creo que en realidade é unha opción que beneficia non só á provincia. Ten en conta que nos no Estado das Autonomías consideramos que rematou coa singularidade e pluralidade dos españois. Polo cal o noso proxecto pódese defender en calquera recuncho do territorio nacional”.
E como beneficia ao Estado en xeral?
B.C.: “Primeiro porque somos un partido serio e porque somos un instrumento ao servizo do país, da nación, non se trata da importancia dos seus líderes ou candidatos. A importancia reside en que se convirte nun instrumento que defende a soberanía, a igualdade de todos os españois e a unidade da nación”.