Tras cinco lexislaturas como deputada, para a que fora alcaldesa de Bande estas eleccións non son nada novo e agarda renovar a confianza dos ourensáns.
Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense?
Ana Belén Vázquez Blanco: “A máis destacada sen dúbida é un plan de desenvolvemento do rural. O 80% do territorio ourensán está vinculado ao sector agroalimentario e forestal, cun potencial que aínda temos que explotar moito máis. O noso compromiso, que tampouco é de hoxe senón que xa levamos tempo traballando nesta liña, é defender a igualdade de oportunidades de todos os habitantes da provincia, con independencia do lugar onde residamos, porque eu resido en Bande e sei do que falo, e para iso imos garantir o acceso a servizos de calidade, na mellora das comunicacións, das condicións sociais nas zonas rurais e favorecendo o emprendemento con especial atención á capacitación dos mozos que queran poñer en marcha novas iniciativas.
En concreto e con máis de 50 medidas específicas, propoñe,os medidas como a redución da renda para as persoas que vivan nas áreas rurais, bonificacións para empresas, facilidades para a implantación de industrias, incentivos para emprendedores, plans para rehabilitación e construcción de vivenda, banda ancha para conexión a internet e mesmo máis seguridade cunha maior presenza dos corpos e forzas de seguridade do Estado».
«Temos un programa xeral que tamén responde ás necesidades da provincia, con máis de 500 medidas onde eu destacaría unha revolución fiscal que as familias dispoñan de máis diñeiro e un novo impulso á economía para frontar a cuarta revolución industrial. Ahí tamén estará Ourense».
Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia?
A.V.: “Porque pensa e actúa para favorecer a provincias como a nosa. Xa falamos do rural, unha cuestión básica para nós, pero falemos tamén doutras cuestións de enorme interese para o futuro de Ourense. A liña de alta velocidade de conexión coa meseta, por exemplo, un proxecto que o goberno de Mariano Rajoy rescatou dos caixóns e impulsou co decidido apoio da ministra de Fomento, Ana Pastor. Fronte aos que ven este proxecto como un despilfarro e aos que renegan do AVE, que os hai mesmo en Galicia, nos imos garantir que os cidadáns españois esteán desde Madrid a dúas horas e cuarto de Ourense e de Galicia. Pense só nos beneficios que terá no ámbito turístico, como potencia termal que somos».
«Ademais, un goberno do Partido Popular en Madrid abriríanos unha liña de cooperación importantísima co goberno da Xunta, a única comunidade con maioría absoluta popular, e coa Deputación de Ourense, a única tamén con maioría das catro provincias galegas. Unha sinerxia que para o goberno de Sánchez non existe, porque nin se dignou a visitarnos en todo este tempo e a maltratar a Ourense nos seus fallidos orzamentos».
E como beneficia ao Estado en xeral?
A.V.: “Somos un partido de goberno e un partido ao que chaman os españois cando hai que recuperar a economía. Todos os estudos están a coincidir en que estamos nun proceso de desaceleración económica e cando antes co PP creábamos emprego, agora con Sánchez perdemos 7.000 ao día. Antes crecíamos máis que calquera país do noso entorno e agora os inversores nos miran con desconfianza polo gasto desmedido e sen control, dicindo o goberno socialista que imos cara un maior estado do benestar, pero fritíndonos a impostos e, lamentablemente, pactando cos que queren dividir a este país».
«Nós defendemos un país unido cos mesmos dereitos para todos, cun sistema tributario que permita aos cidadáns decidir que facer co seu diñeiro e un estdo do benestar que parta da creación de emprego estable e de calidade, que é o que vai favorecer o crecemento, contribuír á suba das pensións e ofrecer meloor ensino, sanidade e infraestruturas para todos».