Ledicia Piñeiro naceu en Ourense, onde vive e traballa como educadora social. Leva activa politicamente máis de 12 anos, sendo concelleira por Ourense en Común durante tres anos.
Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense?
Ledicia Piñeiro: «O principal problema nosa provincia é a demografía. A proposta fundamental é que a xente poida ter empregos dignos, de calidade, que lles permitan asentar e quedar vivir aquí. O PP de Ourense é unha máquina de fracasos. Non ten nen un só éxito nesta materia e o que nos deixa un paramo onde nos úlimos 40 anos perdeuse unha cuarta parte da poboación de Ourense».
«Segundo temos un problema clarísimo de modelo produtivo. Un exemplo evidente estámolo vendo estes días co desastre ambiental que está a producir a gandeiría industrial na comarca da Limia. Precisamos orientar o noso modelo económico cara sectores compatibles coa preservación do noso entorno natural e a vida digna das persoas. O viño é un claro modelo disto. Pero hai máis».
«E por último dúas cuestións: o problema estrutural dos lumes na provincia, especialmente en comarcas como Monterrei ou a Baixa Limia que ningún goberno se decidiu a abordar en serio. E logo está a cuestión real, que se perpetúa, da situación raquítica da nosa democracia. Está por clarexarse a cuestión do finanzamento ilegal de campañas do PP de Ourense, así como o sistemático pago de favores dos Baltar, con empregos públicos, a familiares do PP da provincia. Non podemos facernos a isto sen máis. É un escándalo e queren voltar repetilo tras este dobre período electoral. Estaremos vixiantes».
Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia?
L.P.: «Fundamentalmente porque imos ser claves para gobernar e porque somos a única candidatura arraigada ao territorio, á xente común das nosas parroquias e vilas con esa capacidade de influencia. E isto non é un dicir, temos a garantía do traballo xa feito polas nosas compañeiras Yolanda Díaz, Ángela Rodríguez e Antón Gómez-Reino no que demostraron ser cruciais para cousas tan importantes como a actualización das pensións co IPC, a subida do SMI, o pacto de Estado contra a Violencia de Xénero ou a loita contra os lumes. Ourense, igual que tiveron Pontevedra, A Coruña Lugo, merece unha deputada e un senador con vocación de xustiza social e visión para o Común».
E como beneficiará ao estado en xeral?
L.P.: «En Común Unidas Podemos é o único garante de ter un goberno para as persoas do común. De non ser por este grupo na última lexislatura non se terían conseguido avances sociais tan grandes como actualización das pensións co IPC ou a subida do SMI. Pero a cousa non acaba aquí, outro avance necesario nos novos tempos nos que estamos e a reducción da xornada laboral a 34 horas. A derogación das reformas laborais que nos teñen condenado á precariedade, á temporalidad, á parcialidade nas xornadas e ao despido sen causas obxectivas. A implementación dun Sistema Universal de Atención á Dependencia, público e suficiente de coidados de longa duración ás persoas dependentes. A cuestión da dependencia e unha necesidade crucial para a nosa provincia cunha población moi envellecida, a idade media da provincia son 50 anos e son as mulleres da provincia de Ourense ás que soportan o peso dos coidados coa carga económica e emocional que significa».