Rafael Manuel Fernández Alonso leva desde 2007 en Por un mundo máis xusto. Coordinador Territorial e membro da Coordinadora Nacional, preséntase como candidato ao Congreso nestas eleccións.
Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense?
Rafael Manuel: «Ourense é a provincia máis empobrecida de España, e a inversión do estado en vez de tentar solucionar esta débeda historia, cada vez é menor. Tratarei de loitar para que as inversións do estado e as políticas estatais teñan en conta estas desigualdades e se produzan unha discriminación positiva, as provincias olvidadas hasta o de agora deben ser as que reciban inversións máis abondosas para revertir esta situación.Penso que sería moi positivo e así tentaremos facelo,crear unha especie de asociación que inclúa a todas as provincias vaciadas como medio de reinvindicación.Cada unha destas provincias temos as nosas peculiaridades e pontencialidades e pensamos que o asociacionismo e a mellor maneira de facer escoitar a nosa voz no Parlamento».
«Por outra banda sería preciso contar cun plan de desenvolvemento provincial pactado e falado con todos os municipios da provincia para coordinar proxectos de desenvolvemento vencellados ao medio rural e ao turismo.Cremos que cada provincia ten que buscar aquilo que constituíu os seus sinais de identidade e o medio rural e o turismo deben ser os motores da nosa economía.Sen esquecer,por suposto, os aspectos culturais ,sempre da man do turismo».
«Cooperativas agrarias, asentamento de familias novas nos nosos pobos son outros aspectos que tamén levaremos ao Parlamento durante a vindeira lexislatura».
Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia?
R.M.: «O Partido Por Un Mundo Máis Xusto sempre estivo a carón dos máis defavorecidos, participando e reclamando políticas xustas e loitando contra as desigualdades socias. Unha proba delo é a nosa participación na Mesa Polo Blindaxe das pensión. Unha provincia coma a nosa, onde os pensionistas son a meirande parte da poboación, calquera política para conseguir garantir unhas pensión dignas traerá benestar ós nosos maiores, por por consiguiente a toda a provincia. Penso sinceramente que somos o partido da Humanidade… poñemos ás persoas no centro da política.Todas as nosas propostas terán como núcleo central ÁS PERSOAS».
E como beneficiará ao estado en xeral?
R.M.: «Loitaremos por recuperar todalas políticas socias, de educación, e de saúde que foron recortadas nos últimos 10 anos. Por conseguir que o dereito á vivenda estea garantido, e que en caso de impago da hipoteca por quedarse sen traballo a entrega da vivenda ó banco sexa suficiente. Traballaremos a reo por conseguir que a Conciliación entre traballo e familia sexa real, e non unha barreira. Defenderemos o dereito dos xovenes a estudiar e desenrolarse con dignidade, son o futuro do noso país».
«E sobre todo, loitaremos polo respetos dos dereitos humanos, dereitos dos refuxiados, establecendo vías seguras de inmigración e desarrollo humano.Trataremos,en resumo, de «humanizar á política».