As Montañas de Trevinca-A Veiga poderanse coñecer a través dun variado plan de actividades chamado Pena Trevinca “Paraíso Natural” que ten como obxectivo ofrecer aos turistas diferentes iniciativas tódolos meses do ano para gozar da natureza con calidade.
Este proxecto ofrece todos os meses do ano diferentes actividade como raquetas de neve, ruta ornitolóxica, alpinismo, a berrea dos cervos, contacto directo ca fauna, etc.
As actividades deportivas, culturais, científicas e medioambientais desenvolveranse ao longo do ano, unha por mes, tendo en conta a estacionalidade anual. Deste modo, en inverno, as actividades centraranse en temas de sendeirismo e montañismo invernal; na época da primavera haberá unha ruta ornitolóxica e a ruta do volframio, entre outras propostas.
Actividades
Inverno
– Sendeirismo invernal con raquetas de neve. Xaneiro.
– Curso montañismo inverna. Febreiro.
– Sendeirismo invernal con raquetas de neve. Marzo.
Primavera
– Ruta do volframio. Abril.
– As cores de Trevinca (primavera) – Ruta ornitolóxica. Maio.
– Día da montaña galega. Pena Trevinca cima de Galicia. Xuño.
Verán
– Entre lobos e estrelas. Xullo.
– Ceos nocturnos e bolboretas de Trevinca. Agosto.
– Xornadas de orientación e GPS nocturna e diurna.
Outono
– Os sons da noite «A berrea». Outubro.
– As cores de Trevinva (Outono). Novembro.
– O Nadal en Pena Trevinca – Montañismo invernal. Decembro.