Rematamos coas eleccións xerais e metémonos de cheo nas municipais. Por iso, na portada deste número saen todos os candidatos ás alcaldías de Allariz (tres candidatos), Celanova (catro candidatos) e Barbadás (sete candidatos). No vindeiro números entrevistaremos aos alcaldables de Xinzo, Verín e O Carballiño.
Ademais, na portada está o Club Ourense Baloncesto, quen se xoga o factor cancha no play off de ascenso á ACB na derradeira xornada da Liga regular da LEB Ouro diante do Melilla.
En Allariz, o programa ReTraCe forma aos líderes en sostenibilidade do futuro; será a única organización do Estado que participe no programa. O coiro, de novo protagonista en Allariz do 3 ao 6 de maio coa celebración da 7ª edición das Xornadas dos Oficios do Coiro.
A Fundación Celso Emilio Ferreiro fixo entrega de varios exemplares á Fundación Curros Enríquez de «Miña matria galega». A Xunta informa en Celanova das axudas ás Pemes en materia de conciliación e contratación, entre outras.
Os conxuntos ourensáns da Terceira división de fútbol xóganse nas tres últimas xornadas o poder estar na promoción de ascenso (Barco, UD Ourense e Ourense CF) ou non descender (caso do Arenteiro).
Os Entroidos de Galicia pasearanse por Ourense; unha representación dos máis significativos realizarán un desfile o 4 de maio -sábado-. O domingo, 5 de maio, celébranse os Maios na cidade de Ourense. Boikot e La Pegatina, cabezas de cartel do “OurenRock 2019”; o festival terá lugar os días 31 de maio e 1 de xuño en Benposta. Javier Otero e Andrés Suárez abrirán o Piano Meeting deste ano cun concerto conxunto.
Artigos, clasificados, axenda e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha