O municipio da Peroxa acollerá o vindeiro domingo, 12 de maio, a cuarta edición da súa andaina solidaria que se celebrará a favor da Asociación de fibromialxia, fatiga crónica e sensibilidade química múltiple de Ourense (AFFOU).
A saída e a meta da proba será na praza do Concello da Peroxa. O evento comezará ás 9.30 horas e ofrecerá dúas rutas de 15 e 10 quilómetros, ambas de dificultade media. Así mesmo, para os cativos de 4 a 11 anos haberá un espazo de ocio infantil.
Os interesados en participar poderán anotarse, por un prezo de 5 euros, ata o día 10 de maio mediante ingreso bancario ou o mesmo día da proba. Os 5 euros da inscrición serán integramente para AFFOU.