O 12º Campionato de Galicia de 10.000 metros en ruta para as categorías sub20, sub23, absoluta e máster tanto masculina como feminina, disputarase na carreira Popular de Xinzo de Limia 2019 o vindeiro domingo, 12 de maio. A hora de inicia de saída serás ás 10.40 horas.
A proba conta con máis de 200 inscritos, e tamén por parte dos preto de 200 corredores federados que disputarán o campionato galego. En total daranse cita máis de 400 atletas neste evento deportivo.
O percorrido da proba, 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, resulta “espectacular e moi bo para facer marca, porque é un dos circuítos máis rápidos de Galicia”, segundo sinalou o vicepresidente primeiro da Federación Galega de Atletismo, Eladio Gómez.
Outras categorías
O comezo da carreira das categorías sub14, sub16 e sub18 será ás 12 horas cun percorrido de 1,9 km. Ás 12.20 horas será o turno dos sub10 e sub12 que percorrerá 0,93 km. Ás 12.35 horas sobre unha distancia de 350 metros será a quenda dos prebenxamíns. E rematarán a xornada os pitufos sobre as 12.45 horas cun percorrido de 150 metros.