– Entrevista a Cristina Cid, BNG
– Entrevista a Luz Doporto, PP
– Entrevista a Zaida Rodríguez, PSOE
Allariz é unha das poucas vilas que non ven como unha morea de candidaturas se presentan para as eleccións municipais do 26 de maio. BNG, PP e PSOE son as únicas siglas que concurren nesta zona ourensá.
Por parte do BNG, será a alcaldesa Cristina Cid que busque repetir o dominio nacionalista das últimas décadas; Cid alcanzou a alcaldía o ano pasado trala renuncia do anterior rexedor Francisco García. Luz Doporto tentará para o PP acadar a alcaldía nunha vila moi preciada. E Zaida Rodríguez será a encargada de que Allariz se converta en socialista.
Na actualidade domina o Bloque Nacionalista Galego, con nove concelleiros; seguido dos populares, con tres, Partido Socialista, cun concelleiro.
Xerais
Nas eleccións xerais do pasado mes en Allariz dominou o PSOE subindo ata o 971 votos (26,14%), fronte aos 859 de PP, 794 de BNG, 514 de Unidas Podemos, 308 de Ciudadanos e 155 de Vox.