Zaida Rodríguez Camba leva desde 2007 como militante socialista. Está é a segunda vez que se presenta como candidata.
Defina da situación actual de Allariz.
Zaida Rodríguez: “Despois de 30 anos de goberno monocor, atopámonos cun proxecto político esgotado, carente de ilusión e de futuro. Un proxecto que se esquece das persoas e dos seus problemas cotiás. O goberno nacionalista está en encefalograma plano”.
Cal é o principal problema que ten?
Z.R.: “A débeda asfixiante (preto de 4 millóns de euros) que lastra á iniciativa emprendedora, acumula retrasos no pago a provedores e fai que vivamos a conta de créditos. O abandono do rural e a falla de innovación no tocante a posta en marcha de novas iniciativas que asenten poboación e garanten un futuro próspero á mocidade”.
Cal sería a medida máis importante que quere lavar a cabo?
Z.R.: “Afondar nas políticas que inciden nas persoas, as que atenden a quen máis o precisa. Atraer empresas ao parque empresarial de Chorente que esmorece e revitalizar o tecido comercial e hostaleiro da vila”.
Que propostas ten para a dinamización económica do Concello?
Z.R.: “Sanear as contas do Concello. Non podemos estar vivindo a crédito cada exercicio orzamentario. Fomentar unha bolsa de emprego local para atender as demandas do comercio e a hostalaría local, así como do tecido empresarial. E reducir o paro que padecen preto de 300 persoas no concello”.
Como definiría a lista do PSOE en Allariz?
Z.R.: “Un equipo moi ilusionado co proxecto socialista en Allariz. Consciente de que chegou o momento dun revulsivo na política local.
Unha candidatura renovada, integradora e que representa a distintos sectores da veciñanza alaricana”.
Pactaría con algún outro partido para gobernar?
Z.R.: “Sempre coa esquerda. Sempre cara adiante”.