Seguimos coas entrevistas aos canditados das eleccións municipais do 26 de maio. Nesta ocasión entrevistamos aos alcaldables de Verín, Xinzo e O Carballiño.
No val do Támega son cinco as formacións que concurren nestes comicios; na capital da Limia suben ata os oito candidatos; e na vila do Arenteiro son seis os grupos políticos aos que se lles pode votar.
En Verín as opcións de voto pasan por: PP, PSOE, BNG, En Marea e Vox.
En Xinzo: PP, PSOE, BNG; Xinzo Adiante, Axil (Alternativa Veciñal), Ciudadanos, Xuntas por Xinzo e CxG.
No Carballiño: PSOE, PP, BNG, Son (Alternativa Veciñal), Espazo Común, Compromiso por Galicia e Ciudadanos.
En deportes, o Club Ourense Baloncesto está a unha vitoria de meterse na final a catro que decidirá o equipo que sube á ACB. Este mesmo xoves, a partir das 20 horas, no Paco Paz recibe a Oviedo. No caso de derrota os de Gonzalo García de Vitoria teñen unha nova oportunidade o sábado, tamén no Pazo, a partir das 19 horas. De ter que chegar a un quinto partido, este sería na cancha do Oviedo: Pumarín.
Seguindo cos deportes, Ourense CF e Barco buscan na derradeira xornada da Terceira división o billete á fase de ascenso a Segunda División B. O Campionato de Galicia de 10 km en ruta deixou dous campións ourensáns: Rubén Diz e Iria Fernández. O «Correndo por Ourense» deu comezo no barrio do Vinteún; Luis Iglesias e Begoña Domínguez foron os vencedores desta primeira xornada.
Cultura, humor, artigos, clasificados e máis na nova publicación de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha