Entrevista a Albina Rodríguez - Xuntas por Xinzo.

“Estamos fartas de ver como acaban con Xinzo”

Como definirías a situación actual de Xinzo?
Albina Rodríguez: “Deprimente”.

Cal e o principal problema?
A.R.: “Ten todos os problemas que poidan existir na sociedade: paro (a xuventude váisenos por necesidade); drogas, alcohol (a xuventude está esquecida, isto é unha forma de escape para eles); anciáns (loitar por eles igual que eles o fixeron por
[continúa na páxina seguinte 4] nós, escoitalos, sorrirlles). Medio ambiente (temos sorte de ter unha diversidade tremendamente rica e estámola destruíndo); animais (témolos totalmente abandonados)”.

Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo nos vindeiros catro anos?
A.R.: “Queremos por solucións a todos estes problemas; uns farémolo xa, outros levarán un pouco máis de tempo. Porén, a medida estrela é o turismo. Temos moitísimo que ofrecer para atraer a xente de todo o mundo. Teremos todo impecable; obrigaranos a levar a cabo proxectos que xerarán emprego; beneficiará ao pequeno comercio”.

Que proposta ten para a dinamización económica do Concello?
A.R.: “A boa administración e xestión eficiente dos recursos”.

Cal é a razón pola que XpX se presenta en Xinzo?
A.R.: “Somos mulleres que estamos fartas de ver como están acabando con Xinzo, levan toda a vida gobernando, e, que fixeron?. Tíñano todo e, que fixeron?”.

Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos?
A.R.: “Que estamos cabreados, desanimados, decepcionados, nunha palabra: fartos”.

Como definiría a lista que vostede lidera?
A.R.: “Unha lista de mulleres con moitísimas ganas de traballar, que non quixeron marchar de Xinzo porque amamos esta terra. Honradas, que saben levar calquera problema que se lles presente, e fortes, só nos teñen que dar unha oportunidade para demostralo”.

Pactaría con algún outro partido para gobernar?
A.R.: “Estamos abertas a pactar para gobernar sempre que se respecten as nosas liñas de traballo na área que nos corresponda”.