Como definiría a situación actual de Verín?
Manuel Pousada: “É un reflexo do resto da provincia. Somos máis pensionistas que traballadores. A despoboación do rural é sangrante e non ten visos de volta atrás. Non nos queda moito para baixar dos 10.000 habitantes se non tomamos medidas. Somos un pobo de servizos, a pouca industria que tiñamos foi abocada a pechar, o que queda son autónomos”.
Cal é o principal problema que ten Verín?
M.P.: “O traballo. Case non hai e o pouco que hai é mal pagado e sen cualificación”.
Cal sería a medida estrela alevar a cabo?
M.P.: “Debemos aproveitar os nosos recursos. Temos un val cun microclima envexable, podemos producir os mellores viños, oliveiras, ser a horta de Galicia. Producir a mellor castaña de Europa, mazás dunha calidade impresionante, gandeiría extensiva para limpar os nosos montes…”.
Que propón para a dinamización?
M.P.: “Por en valor todos os recursos naturais, Verin e comarca. Os nosos mozos, a nosa xente sempre é o primeiro”.
Como definiría a lista de En Marea?
M.P.: “Persoas cheas de valores, humildade, con infinito amor por esta nosa terra, pola xustiza, trasparencia, e polo futuro dos mozos”.
Cal é a razón pola que En Marea se presente en Verín?
M.P.: “En Marea esta chea de xente con moitísimos principios e valores. Non temos tutelas de ninguén, somos donos das nosas obras. Hai moitos xeitos de facer as cousas ao gobernar e hai moitas prioridades”.
Pactaría con algún partido para gobernar?
M.P.: “Fariamolo co BNG. Os principios áinda que non son os mesmos, son os que máis se asemellan”.