Como definiría a situación de Xinzo?
Jaime Folgoso (J.F.): “Hai unha desidia na que a corporación e a oposición non se ocupou de nada”.
Cal é o principal problema?
J.F: “Hai moitos. Temos un polígono industrial que pode ser grande, con empresas internacionais que poderían crear entre 500 e 800 traballos. E o estado das estradas, beirarrúas, parques e xardíns é moi deficiente”.
Cal sería a principal medida a levar a cabo?
J.F: “Temos varias. Un plan empresarial, outro agrícola-gandeiro, de ocio…”.
Que propón para a dinamización económica?
J.F: “A recuperación das pistas da concentración parcelaria; axuda aos agricultores e gandeiros a comercializar os produtos sen intermediarios; unha feira da pataca e outros produtos; devolverlle os recortes aos empregados do Concello; arranxar estradas, beirarrúas e xardíns, e crear novos parques; ampliar o parque empresarial; modernizar o alumeado; e crear o Entroido de Verán e a festa do orgullo gai para aumentar visitantes”.
Como definiría a lista de CxG?
J.F: “Xente nova que non estivo en política, preocupada polo entorno e que busca cambiar as cousas”.
Pactaría para gobernar?
J.F: “Dependendo dos resultados. Pero intentaría non pactar co PP e PSOE”.