Como definiría a situación actual de Xinzo?
Montse Lama: “A nosa vila e o rural están abandonados. Non existen espazos verdes coidados, as rúas están desfeitas, as instalacións públicas baixo mínimos en mantemento e infraestructuras.
A situación actual refléxase na baixada de habitantes, non existe creación de emprego, non se coida o comercio local e a hostelería.
A figura dos agricultores e gandeiros está completamente abandonada e as pemes e autónomos atópanse afogados.
En definitiva, a situación de Xinzo é triste e indignante”.
Cal é o principal problema que ten Xinzo?
M.L.: “A falla de emprego. Temos que por de inmediato unha solución”.
Que medida estrela quere levar a cabo?
M.L.: “Fan falla moitas pequenas medidas estrela. Limpar Xinzo e os pobos, humanizar as rúas e beirarrúas. Crear novos parques infantís, porque os existentes están sucios e descoidados. E necesitamos crear moito emprego”.
Que propostas ten para a dinamización económica do concello?
M.L.: “Modernizar e dinamizar o polígono industrial, con bonificacións ás empresas que se instalen, e estudiaremos a viabilidade de cesións de terreo, esixindo que os empregos sexan para os empadroados en Xinzo.
Apoiaremos o comercio local, a Praza de Abastos e a hostelería. E imos incentivar a apertura de novos negocios mediante a bonificación de impostos locais, con exencións de taxas de licencia por tamaño ou reducións de taxa por suministro de auga. E poremos o foco no IBI e no IVTM”.
Como definiría a lista que vostede lidera?
M.L.: “Síntome moi orgullosa do equipo, con 7 requisitos imprescindibles da nova política: ilusión, nobleza, humildade, integridade, honestidade, transparencia e capacidade de traballo”:
Cal é a razón pola que Cs se presenta en Xinzo?
M.L.: “Necesita un cambio inmediato, un partido liberal, que acepta e comprende as inquedanzas da veciñanza, que non discrimina e que respecta a todo o mundo”.
Que opinión lle merece a aparición de novos partidos?
M.L.: “É un dereito e un deber dos cidadáns poder presentase á goberabilidade do noso Concello. Non entro a valorar a “vella política” (PP-PSOE), porque os veciños levan moito tempo vivindo un goberno desastroso, e unha oposición invisible, e eles mesmos xuzgarán o 26 de maio”.
Pactaría con algún outro partido para gobernar?
M.L.: “Ciudadanos está a traballar para conseguir a maioría absoluta para gobernar sen pactos, ainda que se a consegue vai tender a man as agrupacións veciñais que se presentan.
E como xa dixen Ciudadanos Xinzo, Montse Lama, non vai a pactar co PP. Estiven dentro, tentei cambiar as cousas, loitei contracorrente moitos anos, e deime conta de que o PP de Xinzo está representado pola mafia, o interés persoal e as maneiras pouco transparentes de facer as cousas”.