Con tres meses de militancia na formación laranxa agarda ter representación no consistorio.
Como definiría a situación actual do Carballiño?
Jorge González: “Como a maioría das vilas de Galicia, tende a ir a menos; as políticas activas de emprego e a planificación sectorial por parte das administracións é nula, polo que ou empezamos a tomar medidas ou estaremos abocados a unha continua merma poboacional e económica para cubrir os servicios básicos”.
Cal é o principal problema?
J.G.: “A continua confrontación dos nosos representantes. O que supón unha ineficiencia absoluta na solución dos problemas do día a día”.
Cal é a medida estrela que quere levar a cabo?
J.G.: “A optimización dos recursos humanos do Concello e dos espazos públicos. Por un lado, mellorariamos os servicios que debemos prestar aos veciños e, por outro lado, subsanariamos as deficiencias coas que se atopan os diversos colectivos e poderiamos obter uns ingresos vitais para poñer en marcha novas políticas económicas”.
Que propón para a dinamización económica?
J.G.: “Comunicación e implicación cos empresarios que ocupan a nosa área industrial. Ir da man para solucionar os problemas de chan, de recursos humanos e axudar ao comercio local para ser competitivo como as grandes áreas debe ser o obxectivo principal antes da afrontar plans máis concretos de fixación poboacional”.
Por que Ciudadanos dediciu presentarse no Carbaliño?
J.G.: “Ciudadanos Carballiño xorde para dar unha alternativa aos cidadáns de votar a un candidato e un grupo xoven, emprendedor e coas ganas necesarias para construir ou propor un Carballiño diferente. Na actualidade está estancado tras anos de alternativas similares”.
Como definiría a lista que vostede lidera?
J.G.: “Representativa da nosa vila. Nos número 2 e 4 temos a unha muller e un home de sobrada experiencia no sector turístico que poden aportar moito nese sector, xunto co número 3 e eu mesmo no sector industrial e na economía municipal. O resto do equipo procede do rural, emigrantes retornados…”.
Pactaría con algún outro partido para gobernar?
J.G.: “Sempre que fora beneficioso para a vila, sen ningunha dúbida”.