Ana Rosa Morgade busca ter representación no Concello do Carballiño con Compromiso por Galicia.
Como definiría a situación actual do Carballiño?
Ana Morgade: “Poboación envellecida e sen xente nova”
E cal é o principal problema?
A.M.: “A contorna atópase en casi total abandono, tanto dos veciños coma dos servicios básicos de limpeza, basura e na iluminación, por outra banda, o despoboamento por parte dos máis xóvenes debido á falta de oportunidades e o desinterese das autoridades por reactivar a economía”.
Cal sería a medida estrela a levar a cabo nos vindeiros catro anos?
A.M.: “Frear o despoboamento e fomentar a colocación de empresas na vila”.
Que propostas ten para a dinamización económica do concello?
A.M.: “Axudas aos autónomos, solicitar subvencións para abaratar custos nos pagos da luz, máis traballo na vila, recuperación das instalacións públicas, bolsa de emprego con cursos de formación gratuita, entre outros”.
Como definiría a lista de CxG?
A.M.: “Xoven, preparada, nova na política e con ganas grandísimas de traballar e comprometidos polos veciños”.
E a irrupción de novas formacións?
A.M.: “A xente está descontenta coa xestión dos políticos”.
Pactaría para gobernar?
A.M.: “Sempre que favoreza aos veciños”.